Chámome Macarena Gándara e ofrezo servizos de tradución, localización e corrección de inglés e francés a español e galego.
Estou especializada en localización de software e sitios web, tradución de textos de marketing e publicidade, de electrónica de consumo, técnicos, así como en subtitulación, dobraxe e voice-over.
Profesionalidade, confidencialidade e calidade
A confidencialidade, a calidade e o cumprimento rigoroso dos prazos de entrega son os meus obxectivos prioritarios á hora de realizar unha tradución, corrección ou localización.